xoves, 27 de abril de 2017

Morales de novo na Festa do Maio


De novo este ano Antonio Fernández Morales vai ter o seu espazo nas actividades que arroupan a tradicional Festa do Maio de Vilafranca do Bierzo. A Escola de Gaitas desta vila e organizadora destes actos vai levar a cabo unha homenaxe con motivo do seu bicentenario nun apartado que titula: Couseliñas e contos e primavera. 

Nesta ocasión, houbo outras ( no ano 2011) nas que fixo adaptaciois teatrais dos poemas dos Ensaios, destinado para un público infantil haberá cousiliñas com diría o noso autor e contos inspirados no poema do Fiandón da aldea: 


Cuando a tripa ya tein ben
chea de caldo das viñas,
danlle un baque a unha sartén,
sendo esa a seña tamén
pra empezar as cousiliñas.

Fixéronse eco da homenaxe diversos medios como bierzocomarca.

luns, 17 de abril de 2017

Exposición do Grupo Médulas no Bicentenario de Morales

Outro novo acto, esta vez en Lombillo dos Barrios e protagonizado polo grupo Médulas vai dando corpo ao Bicentenario de Antonio Fernández Morales. Trátase dunha exposición sobre a que hai máis información no blog do Grupo Médulas