xoves, 27 de abril de 2017

Morales de novo na Festa do Maio


De novo este ano Antonio Fernández Morales vai ter o seu espazo nas actividades que arroupan a tradicional Festa do Maio de Vilafranca do Bierzo. A Escola de Gaitas desta vila e organizadora destes actos vai levar a cabo unha homenaxe con motivo do seu bicentenario nun apartado que titula: Couseliñas e contos e primavera. 

Nesta ocasión, houbo outras ( no ano 2011) nas que fixo adaptaciois teatrais dos poemas dos Ensaios, destinado para un público infantil haberá cousiliñas com diría o noso autor e contos inspirados no poema do Fiandón da aldea: 


Cuando a tripa ya tein ben
chea de caldo das viñas,
danlle un baque a unha sartén,
sendo esa a seña tamén
pra empezar as cousiliñas.

Fixéronse eco da homenaxe diversos medios como bierzocomarca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario