mércores, 10 de maio de 2017

Ao pé da tumba de Morales un raio queima os cipreses centenarios do cemiterio de Cacabelos

A bandeira do Bierzo sobre a tumba de Morales nunha homenaxe no 2011.



Onte martes ás 20h, un raio prendeu un lume devastador que queimou unha boa parte dos cipreses centenarios (calcúlase que algúns tiñan xa uns 150 anos) que no cemiterio da Edrada de Cacabelos estaban situados no seu camiño central e ao pé da tumba de Antonio Fernández Morales.

Antonio Fernández Morales foi soterrado neste cemiterio un 16 de agosto de 1896, sendo unha das tumbas máis vellas do mesmo. Cremos que pola súa ubicación non sufriu directamente os terribles efectos deste incendio que destruíu case por completo este conxunto de cipreses en plena tormenta. Estamos pois á espera de coñecer máis datos e valorar os danos causados ao conxunto patrimonial.
 
O lugar sinalado onde está a tumba de Morales.

Ningún comentario:

Publicar un comentario